Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:start
Translations of this page:

Municipios Pospetróleo (ß)

Acerca deste wiki

Este wiki multilingüe en fase beta pretende ofrecer unha serie de medidas para adaptarmos os nosos municipios á Era Pospetróleo. Falamos de medidas de política municipal, é dicir, medidas que tomar desde as administracións locais, e non doutras medidas que se poidan tomar desde colectivos sociais, empresas ou familias.

Inicialmente, como é lóxico, serán medidas que propoñemos que se tomen, pero a medida que se vaian comezando a aplicar nos diferentes municipios iremos creando páxinas específicas deses concellos que as comecen a poñer en práctica e iremos dando conta da fase na que se encontran.

As persoas que colaboren traducindo e creando páxinas neste wiki poden consultar o manual.

Índice

As medidas están organizadas por localidades, e aparte hai unhas medidas xenéricas procedentes da “Guía para o descenso enerxético”, publicada a finais de 2013 pola Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo.

A intención é que estas primeiras medidas xenéricas ou das primeiras localidades que as detallen, sexan replicadas e —a partir de aí— adaptadas para cada lugar por grupos de activistas locais.

FIXME

<olmap id=“olmap” width=“700px” height=“400px” lat=“40.4893538421231” lon=“-3.6827461557” zoom=“8” statusbar=“1” toolbar=“1” controls=“1” poihoverstyle=“0” baselyr=“openstreetmap” gpxfile=“” kmlfile=“” summary=“Mapa de municipios pospetróleo”>

43.371,-8.418,0,1,sol-municipios-pospetroleo-16×16.png,A Coruña
Ver medidas para A Coruña pospetróleo 42.8599,-8.6514,0,1,sol-municipios-pospetroleo-16×16.png,Ames
Ver medidas para Ames pospetróleo 42.2167,2.65,0,1,sol-municipios-pospetroleo-16×16.png,Argelaguer
Ver Ver medidas para Argelaguer pospetróleo 42.759,-8.846,0,1,sol-municipios-pospetroleo-16×16.png,Lousame
Ver Ver medidas para Lousame pospetróleo 40.20,-3.520,0,1,sol-municipios-pospetroleo-16×16.png,Móstoles
Ver Ver medidas para Móstoles pospetróleo 43.3515,-8.176,0,1,sol-municipios-pospetroleo-16×16.png,Miño
Ver medidas para Miño pospetróleo 43.2809,-2.167,0,1,sol-municipios-pospetroleo-16×16.png,Zarautz
Ver medidas para Zarautz pospetróleo 42.88,-8.547,0,1,sol-municipios-pospetroleo-16×16.png,Compostela
Ver Ver medidas para Compostela pospetróleo 42.215,-8.812,0,1,sol-municipios-pospetroleo-16×16.png,Vigo
Ver Ver medidas para Vigo pospetróleo 41.99,-8.7488,0,1,sol-municipios-pospetroleo-16×16.png,Tomiño
Ver Ver medidas para Tomiño pospetróleo 43.006,-8.12854,0,1,sol-municipios-pospetroleo-16×16.png,Boimorto
Ver Ver medidas para Boimorto pospetróleo 42.79504,-8.54880,0,1,sol-municipios-pospetroleo-16×16.png,Teo
Ver Ver medidas para Teo pospetróleo </olmap>

As localidades dispoñibles polo de agora son:

Estrutura da información

Cada medida está estruturada da seguinte maneira:

  • Título.
  • Descrición.
  • Estado (proposta, en preparación, aprobada, aplicada…).
  • Comentarios.
  • Outras medidas relacionadas.
  • Referencias (bibliografía, etc.).
  • Arquivos anexos.
  • Etiquetas (tags).

Inicialmente hai medidas que se poderían subdividir noutras, pero polo de agora imos manter a agrupación inicial procedente da Guía para o descenso enerxético. Se convén subdividir poderemos ilo facendo a posteriori.

Historial do wiki

  • 13/08/2014: A Asociación Touda crea a versión beta do wiki, que aínda non se fai pública, cos primeiros contidos en galego.
  • 16/08/2014: Danse de alta os primeiros colaboradores, do Oil Crash Observatory e de Argelaguer en Transició.
  • 09/2014: Avánzase cos contidos en catalán.
  • 27/09/2014: Insírese o logotipo creado por Martiño Picallo (Luscofusco). Créase a 1ª páxina en castelán.
  • 07/10/2014: Versión β.2. Tradúcense todas as medidas xenéricas ao castelán.
  • 08/10/2014: Comeza a presentación pública do wiki.
  • 18/10/2014: Incluímos o logotipo da Red de Transición en España, que colaborarán na difusión do proxecto entre os colectivos que coordinan.
  • 27/02/2015: Incorpórase un novo colectivo local, Ames Pospetróleo, que se encargan de crear unha nova sección de medidas locais para o concello de Ames, na bisbarra de Compostela.
  • 03/03/2015: Ábrese unha nova sección local, correspondente ao pequeno municipio de Argelaguer, na comarca gironina de La Garrotxa.
  • 17/03/2015: Coménzanse a incluir as referencias a Lousame, municipio pospetróleo, elaboradas polo Partido da Terra.
  • 24/03/2015: Versión β.4. Tradúcese o manual ao castelán e amplíase con instrucións para crear páxinas novas. Engádese un mapa interactivo onde se ubicarán os municipios presentes no wiki. Reorganízanse as seccións da páxina índice. Incorpórase un novo municipio (Móstoles, Madrid) e un novo colectivo que xestionará a sección de Mostoles.PosPetroleo.com: o Instituto de Transición Rompe el Círculo.
  • 07/04/2015: Engádese un novo municipio: Miño, da man do Centro para a Resiliencia Pousadoira. Tamén abrimos unha sección para Zarautz, en Gipuzkoa.
  • 13/04/2015: A partir de agora as medidas que reciban o apoio confirmado dalgunha formación política, amosarán ao seu carón, no índice correspondente, un pequeno icono para facilitar a súa identificación con esas formacións. Os primeiros son Esquerda Unida, Partido da Terra e BNG.
  • 19/04/2015: Engádese Santiago de Compostela, con medidas propostas pola asociación Véspera de Nada por unha Galiza pospetróleo, adaptadas das definidas para Ames.
  • 21/04/2015: Tamén se engade Vigo, con medidas adaptadas pola asociación Véspera de Nada por unha Galiza pospetróleo a partir das de Compostela e A Coruña. Compléntase tamén as medidas para Zarautz, que estaban aínda pendentes de publicar.
  • 27/04/2015: Engádese Tomiño.
  • 13/05/2015: Engádese Boimorto.
  • 10/06/2015: Engádese Teo, que debería ter figurado moito antes, por existiren as medidas desde xuño de 2013.

Colaboras?

Se queres participar no wiki podes axudar das seguintes maneiras:

  • traducindo as páxinas que aínda non estean creadas en cada idioma
  • completando as medidas para cada lugar
  • etiquetando as páxinas de medidas xa creadas que non teñan aínda un conxunto axeitado de tags
  • ligando entre si as páxinas de medidas relacionadas
  • difundindo a existencia deste wiki entre os teus contactos, e especialmente os grupos políticos do teu municipio.

Se queres participar ponte en contacto coa asociación Touda en oficina EN asociacion-touda PUNTO org.

:-) Grazas por botares unha man na preparación dos nosos municipios para a vida pospetróleo!

Agradecementos

Ademais das entidades presentes na columna esquerda do wiki, queremos agradecer a súa colaboración co proxecto a:

  • Martiño Picallo (Luscofusco), polo deseño do logotipo.
  • Xoán Ramón Doldán, pola axuda coas traducións.
gl/start.txt · Última modificación: por touda