Táboa de Contidos
Facilitar a conformación de ecoaldeas, aldeas solares e outros proxectos demostrativos de utilidade para a transición
Descrición
Poñer todas as facilidades posíbeis á creación de núcleos pioneiros que demostren modos de vida sen petróleo, mellor se son construídas a partir de aldeas recuperadas, e sempre e cando teñan o obxectivo, non de se constituíren en ecoghettos ou ecofortalezas, senón de seren centros difusores que contribúan a acelerar a transformación do resto do lugares do concello.
Promover a creación de Institutos de Permacultura, Centros para a Resiliencia e entidades semellantes que realicen labores de investigación e formación.
Apoiar a creación de granxas de produción agro-gandeiro-forestal ecolóxicas que realicen labores de formación e difusión deste tipo de técnicas. Difundir desde o concello todo tipo de prácticas sustentábeis nestes sectores.
Estado
Proposta xenérica.
Comentarios
Referencias (bibliografía, etc.).
Arquivos anexos.
Hai que engadir máis etiquetas
