Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


A PCRE internal error occured. This might be caused by a faulty plugin
gl:guia:transporte:desincentivar_o_uso_do_coche_privado
Translations of this page:

====== Desincentivar o uso do coche privado e favorecer outros medios de transporte ====== ==== Descrición ==== Poñer en marcha medidas diversas para penalizar e desincentivar o uso do transporte privado (coche). Por exemplo penalizar o acceso en coche a áreas da cidade onde exista alternativa para acceder con transporte público. Priorizar o acceso a pé ou en bici. Facilitar sistemas de uso compartido de vehículos privados. Crear ou ampliar estacionamentos anexos ás estacións de autobuses e tren, para promover que a xente saia/entre da cidade por eses medios. Limitar as zonas de aparcamento no centro, dando como alternativa o estacionamento nos arredores e promovendo a comunicación mediante transporte público. Implantar tarifas diferenciadas de estacionamento, en función dos lugares de maior sobrecarga de tráfico de automóbiles. Crear unha rede de carrís para bicicletas ampla e útil que permita percorrer toda a cidade. Facilitar e promover o uso da bicicleta. Darlle, en toda a cidade, preferencia a bicicletas e autobuses fronte a outros vehículos. Sobre estes, dar preferencia aos peóns. Dar prioridade na planificación do uso do solo e dos sistemas de transporte, así como no seu financiamento, aos peóns e aos ciclistas. Aumentar o número e frecuencia do transporte público. Abaratar as tarifas do transporte público para todos os cidadáns, facéndoo gratuíto ou case gratuíto aos colectivos máis desfavorecidos. ==== Estado ==== Proposta xenérica. ==== Comentarios ==== ==== Referencias (bibliografía, etc.). ==== ==== Arquivos anexos. ==== FIXME //Hai que engadir máis etiquetas// {{tag>[transporte]}}

gl/guia/transporte/desincentivar_o_uso_do_coche_privado.txt · Última modificación: 2014/08/13 08:47 por touda

Municipios pospetroleo