gl:compostela:outras:creacion_da_axencia_municipal_para_a_transicion_enerxetica
Compostela pospetróleo: Creación da Axencia Municipal para a Transición Enerxética
Descrición
Crear un centro municipal de referencia permanente sobre estas cuestións, a modo de granxa-escola urbana, centro de experimentación e difusión, centro de demostración de técnicas sustentables, etc. Preferiblemente —por aforro e un uso máis eficiente dos recursos— ubicalo nalgún espazo xa existente e que estea infrautilizado ou utilizado para outras cuestións menos prioritarias. Podería conformarse así unha especie de Axencia Municipal para a Transición Enerxética.
Estado
Proposta semellante a unha incorporada ao programa de Compostela Aberta en 2015:
Creación da Oficina municipal para a sustentabilidade. A súa función é ofrecer asesoramento técnico a particulares e empresas sobre as medidas que poden adoptar para diminuír o impacto ambiental das súas actividades.
gl/compostela/outras/creacion_da_axencia_municipal_para_a_transicion_enerxetica.txt · Última modificación: por touda
