Compostela pospetróleo: Aproveitamento das escolas unitarias para a resiliencia das parroquias
Descrición
Aproveitar os edificios das escolas unitarias agora sen uso educativo, manténdoas e dotándoas de servizos, contidos e actividades a prol da resiliencia das parroquias rurais de Santiago de Compostela. Diversas medidas das aquí propostas poderían localizarse nestes locais, que así poderían albergar: centros de recursos comunitarios, centro de compartición de ferramentas e outros útiles (utilteca), centro para a conservación de alimentos, centro de formación e biblioteca para a resiliencia pospetróleo, banco de sementes parroquial, etc. En todo caso non habería que dificultar a súa futura dedicación á función orixinalmente de ensino dos nenos/as e rapaces/zas da parroquia, pois cando o transporte a outros centros sexa difícil terá que botarse man de novo das escolas distribuídas co modelo de escola unitaria.
Estado
Proposta.
