Ames pospetróleo: Promover a retirada de amianto nas construcións
Descrición
Favorecer a retirada progresiva pero o máis temperá posible do fibrocemento con contido de amianto tanto nas vivendas particulares como nas públicas, coa máxima garantía de seguridade, p.ex. mediante a exención das taxas do ICIO a estas obras e mesmo subvencionando parcialmente as retiradas. Perseguir coa máxima dureza os verquidos ilegais de restos de amianto no temro municipal. Favorecer que estas retiradas se encarguen a empresas ubicadas no concello. Realizar informes gratuitos a todos os veciños interesados en saber se nas súas vivendas existe amianto, subvencionando as análises precisas. Realizar campañas de concienciación sobre os riscos do amianto.
Estado
Proposta asumida parcialmente en 2015 polo PSdeG-PSOE:
Dentro de esta medida non todo é viable, pero sí se poden considerar das opcións propostas como a exención de tasas, seguir perseguindo os verquidos ilegais e facer unha campaña de concienciación.
Aprobada unha moción sobre a cuestión do amianto en novembro de 2016, presentada por Ames Novo.
Comentarios
Efectos positivos adicionais
Incidencia positiva na creación de emprego.
Impactos negativos que diminúe
De non o facermos agora antecipadamente, expoñémonos a que no futuro, con menor dispoñibilidade económica, técnica e de recursos especializados, o amianto se libere de maneira incontrolada e masiva no concello.
Outras medidas relacionadas
Referencias (bibliografía, etc.).
- Paco Puche (2017): Amianto: una epidemia oculta e impune.
- Francisco Báez Baquet (2015): Amianto y cambio climático: el nexo inesperado, Rebelion.org.
Arquivos anexos.
Hai que engadir etiquetas
