gl:vigo:outras:programa_de_difusion_e_formacion_para_a_adaptacion_social_pospetroleo
Vigo pospetróleo: Programa de difusión e formación para a adaptación social pospetróleo
Descrición
Colaborar activamente para que se realicen charlas, xornadas, actividades formativas, actividades escolares, proxeccións de documentais, creación de proxectos interactivos ou transmedia, libros e bandas deseñadas divulgativos e prácticos vinculados con:
- O Teito do petróleo.
- O aforro enerxético.
- A resiliencia comunitaria.
- Habilidades útiles nun mundo sen petróleo.
- Agricultura natural/ecolóxica/tradicional.
- Permacultura.
- Decrecemento.
- Autoprodución e conservación de alimentos.
- Compostaxe caseira.
- Tecnoloxía axeitada.
- Autoxestión e coidado colectivo e persoal da saúde.
- Cociñas solares.
- Autoconstrución de sistemas de enerxía renovable.
- Estilos de vida e alimentación saudables.
- Tracción animal para a agricultura e o transporte.
Priorizar este tipo de actos no uso das instalacións e recursos municipais, así como nas subvencións e axudas a actividades non lucrativas outorgadas polo Concello.
Estado
Proposta asumida en 2015 pola Marea de Vigo, aínda que na redacción final do programa non figurase por erro, segundo nos informou David Rodríguez, membro da candidatura.
Comentarios
Outras medidas relacionadas
Referencias (bibliografía, etc.)
Arquivos anexos
Falta engadir etiquetas
gl/vigo/outras/programa_de_difusion_e_formacion_para_a_adaptacion_social_pospetroleo.txt · Última modificación: por touda
