Vigo pospetróleo: Aproveitamento das escolas unitarias para a resiliencia das parroquias
Descrición
Aproveitar os edificios das escolas unitarias agora sen uso educativo, manténdoas e dotándoas de servizos, contidos e actividades a prol da resiliencia das parroquias rurais de Vigo. Diversas medidas das aquí propostas poderían localizarse nestes locais, que así poderían albergar: centros de recursos comunitarios, centro de compartición de ferramentas e outros útiles (utilteca), centro para a conservación de alimentos, centro de formación e biblioteca para a resiliencia pospetróleo, banco de sementes parroquial, etc. En todo caso non habería que dificultar a súa futura dedicación á función orixinalmente de ensino dos nenos/as e rapaces/zas da parroquia, pois cando o transporte a outros centros sexa difícil terá que botarse man de novo das escolas distribuídas co modelo de escola unitaria.
Estado
Proposta asumida en 2015 pola Marea de Vigo, aínda que na redacción final do programa non figurase por erro, segundo nos informou David Rodríguez, membro da candidatura.
Comentarios
Outras medidas relacionadas
Referencias (bibliografía, etc.)
Arquivos anexos
Falta engadir etiquetas
