Medidas urxentes para un Teo pospetróleo
Estas medidas foron creadas por Véspera de Nada en xuño de 2013, e entregadas ao alcalde Martiño Noriega na xuntanza que o 11/06/2013 mantivemos con el, como continuación dos diversos contactos que se iniciaran a raíz da aprobación en 2010 da declaración institucional deste concello recoñecendo o problema do Peak Oil. O documento tiña o título de Propostas de medidas urxentes para o concello de Teo se preparar fronte ao Teito do petróleo (Peak Oil) e a última versión do mesmo foi a 0-2-1. É un dos plans de medidas máis extensos e detallados que elaborara Véspera de Nada antes de 2015.
Organízanse nas seguintes áreas (clasificación algo diferente da elaborada para outros concellos):
Dentro destas medidas, marcáronse algunhas como prioritarias por combinaren as seguintes características:
- Terían potencialmente un considerable impacto efectivo dentro dos obxectivos xerais que procura este conxunto de medidas.
- Convén facelas coa maior urxencia posible.
- Poderían ser postas en marcha suficientemente antes das eleccións municipais de primavera de 2015.
- Non terán previsiblemente un gran custo económico.
Tamén se marcaron aquelas que, ao noso entender, podían crear emprego máis directamente.
