Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:teo:habitat:revisar_a_normativa_urbanistica_para_adaptala_ao_contexto_pospetroleo
Translations of this page:

Teo pospetróleo: Revisar a normativa urbanística para adaptala ao contexto pospetróleo

Descrición

Revisar a normativa urbanística para adaptala ao contexto post-PeakOil:

  • Nos núcleos urbanos do concello fomentar a instalación de paneis solares nos edificios, miniturbinas eólicas e outros sistemas de autoabastecemento enerxético, subvencionando a súa instalación ou achegando créditos. Procurar que se faga por medio de empresas locais que traballen neste sector e con moeda local.
  • Promover o illamento das vivendas, o seu aproveitamento solar pasivo e penalizar o seu consumo enerxético na construción e no seu uso.
  • Evitar que as terras potencialmente máis produtivas do concello sexan urbanizables, priorizando o seu cultivo. Identificar e facer un censo deses terreos e do seu uso tradicional con vistas á súa protección e posta en produción mediante técnicas agroecolóxicas.
  • Aproveitar fincas non utilizadas (públicas ou privadas) para a creación de hortas comunitarias.

Estado

Proposta.

Comentarios

Medida prioritaria.

Algunhas das submedidas crearían emprego directo.

Medidas relacionadas

Referencias (bibliografía, etc.)

Arquivos anexos

gl/teo/habitat/revisar_a_normativa_urbanistica_para_adaptala_ao_contexto_pospetroleo.txt · Última modificación: 2015/06/10 08:33 por touda

Municipios pospetroleo