Teo pospetróleo: Introducir nos colexios actividades formativas en torno a unha vida pospetróleo
Descrición
Introducir nos colexios do concello actividades formativas para promover nos nenos e rapaces as habilidades e coñecementos precisos para unha vida pospetróleo: p.ex. horticultura e crianza de pequenos animais de granxa, primeiros auxilios e prevención de enfermidades, produción de conservas de alimentos, técnicas de elaboración de alimentos e cociña, construción e carpintaría básicas, fabricación de tecidos e elaboración de roupa, compostaxe e reciclado de nutrientes, artesanía práctica, matemáticas sen calculadora, memorización, etc. Darlles a coñecer conceptos vitais para o futuro como as “tecnoloxías axeitadas”, e a “permacultura” dunha maneira práctica e divertida. Facelo nun contexto pedagóxico no que se lles trasmita que as habilidades do mundo preindustrial recuperarán valor nun mundo postindustrial, necesariamente máis local e máis rural, dándolles a coñecer o PO dunha maneira adaptada ás diferentes idades, seguindo a liña de proxectos pedagóxicos xa en marcha p.ex. nas Transition Towns.
Estado
Proposta.
