Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:lousame:transporte:aumentar_o_numero_e_frecuencia_do_transporte_publico
Translations of this page:

Lousame pospetróleo: Aumentar o número e frecuencia do transporte público así como a súa eficiencia

Descrición

  • Crear un sistema optimizado de transporte público que dé servizo a todas parroquias, conectándoas coas vilas próximas e coa nova estación de tren da Escravitude, facéndoo gratuíto ou case gratuíto aos colectivos máis desfavorecidos.
  • Facilitar a adaptación destes autobuses para funcionaren con aceite reciclado. Promover unha rede de recollida de aceite usado doméstico, nos negocios de restauración, comedores escolares, industriais, etc., para reciclalo nunha planta local que abastecería estes buses.
  • Facer un estudo para avaliar a posíbel eficiencia enerxética dun sistema de microbuses baixo demanda complementario ás liñas permanentes. Estudar en cada liña e horario se é máis eficiente a substitución de buses por microbuses máis frecuentes.

Estado

gl/lousame/transporte/aumentar_o_numero_e_frecuencia_do_transporte_publico.txt · Última modificación: 2015/04/14 16:50 por touda

Municipios pospetroleo