Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:guia:transporte:desincentivar_o_uso_do_coche_privado
Translations of this page:

Desincentivar o uso do coche privado e favorecer outros medios de transporte

Descrición

Poñer en marcha medidas diversas para penalizar e desincentivar o uso do transporte privado (coche). Por exemplo penalizar o acceso en coche a áreas da cidade onde exista alternativa para acceder con transporte público. Priorizar o acceso a pé ou en bici.

Facilitar sistemas de uso compartido de vehículos privados.

Crear ou ampliar estacionamentos anexos ás estacións de autobuses e tren, para promover que a xente saia/entre da cidade por eses medios.

Limitar as zonas de aparcamento no centro, dando como alternativa o estacionamento nos arredores e promovendo a comunicación mediante transporte público.

Implantar tarifas diferenciadas de estacionamento, en función dos lugares de maior sobrecarga de tráfico de automóbiles.

Crear unha rede de carrís para bicicletas ampla e útil que permita percorrer toda a cidade. Facilitar e promover o uso da bicicleta.

Darlle, en toda a cidade, preferencia a bicicletas e autobuses fronte a outros vehículos. Sobre estes, dar preferencia aos peóns. Dar prioridade na planificación do uso do solo e dos sistemas de transporte, así como no seu financiamento, aos peóns e aos ciclistas.

Aumentar o número e frecuencia do transporte público.

Abaratar as tarifas do transporte público para todos os cidadáns, facéndoo gratuíto ou case gratuíto aos colectivos máis desfavorecidos.

Estado

Proposta xenérica.

Comentarios

Referencias (bibliografía, etc.).

Arquivos anexos.

FIXME Hai que engadir máis etiquetas

gl/guia/transporte/desincentivar_o_uso_do_coche_privado.txt · Última modificación: por touda