Táboa de Contidos
Difundir o problema e todo o preciso para o cambio social
Descrición
Facer reunións o antes posíbel con todo tipo de asociacións, empresas, centros de ensino, medios de comunicación local, etc., explicando claramente os posíbeis escenarios aos que se enfrontarán. Facer unha moción pública sobre o asunto, marco para todas as actuacións aquí suxeridas e outras que houber.
Pode ser útil neste proceso de concienciación instalar paneis informativos en lugares estratéxicos da cidade con lemas sobre o Teito do Petróleo e a prol do aforro enerxético, e mesmo instalar nun lugar de moito paso de vehículos un panel LED alimentado por enerxía solar que amose o prezo do barril de petróleo de maneira actualizada ou gráficas da súa evolución en diferentes períodos (1 mes, 6 meses, 1 ano, 5 anos).
Colaborar activamente para que se realicen charlas, xornadas, actividades formativas, actividades escolares, proxeccións de documentais, debates públicos, publicacións, etc., sobre os seguintes temas:
- O Teito do Petróleo.
- O aforro enerxético.
- A resiliencia comunitaria.
- Habilidades útiles nun mundo sen petróleo.
- Agricultura natural/ecolóxica/tradicional.
- Permacultura.
- Decrecemento.
- Autoprodución e conservación de alimentos.
- Compostaxe caseira.
- Alimentos silvestres da localidade.
- Outros aproveitamentos útiles das plantas locais (para tinguiduras, fitoterapia, xabón, etc.).
- Manexo axeitado e substitución de tóxicos no fogar.
- Etc.
Crear unha guía local de persoas con coñecementos en todas esas áreas.
Estado
Proposta xenérica.
Comentarios
Outras medidas relacionadas
Referencias (bibliografía, etc.).
Arquivos anexos.
Hai que engadir máis etiquetas
