Defender a soberanía/autosuficiencia alimentar do municipio
Descrición
Declarar o municipio zona libre de transxénicos: prohibición dos transxénicos para conservación da biodiversidade e a independencia de empresas e insumos de fóra.
Crear bancos municipais de alimentos e produtos de primeira necesidade. Os alimentos deberían vir preferentemente das hortas locais, particulares ou comunitarias, e dos excedentes das empresas de alimentación locais.
Crear bancos de terra para poñer en contacto a propietarios de fincas potencialmente produtivas e a persoas interesadas na produción hortícola pero que non dispoñan de terra, en coordinación coa devandita oficina de acceso á terra.
Crear comedores sociais para que as persoas que non teñan recursos se poidan alimentar, dotados con alimentos procedentes da localidade. Podería funcionar de xeito voluntario e a base de doazóns ou ben integrarse no sistema de moeda local, aceptándoa como pagamento polas comidas e pagando con ela ás explotacións agrícolas locais e tendas que fornecesen alimentos. Despois, estes produtores e comercios poderían pagar con ela ás propias persoas necesitadas a cambio de axudas esporádicas nos seus negocios.
Crear centros públicos de procesado de alimentos para poñer a disposición dos cidadáns aparellos para a esterilización e a fabricación de conservas de diverso tipo.
Crear laboratorios municipais ou comarcais para servizos de análise básica de solos, alimentos, compost, auga, combustíbeis líquidos ou gasosos, residuos, niveis de radon e outros.
Estado
Proposta xenérica.
Comentarios
Outras medidas relacionadas
Referencias (bibliografía, etc.).
Arquivos anexos.
Hai que engadir máis etiquetas
