Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:guia:economia:dotar_o_municipio_de_empresas_preparadas_para_o_peak_oil
Translations of this page:

Dotar o municipio de empresas preparadas para o Peak Oil

Descrición

Promover a creación de empresas sustentábeis e resilientes mediante un programa específico. Apoiar iniciativas empresariais non dependentes do petróleo e que fornezan produtos ou servizos de primeira necesidade. Incorporar unha avaliación de sustentabilidade e resiliencia fronte ao Teito ao proceso de selección de empresas de nova creación asesoradas polas áreas de promoción económica do concello.

Fomentar a reconversión de empresas para reducir a súa dependencia directa ou indirecta do petróleo, e mesmo para reorientalas á produción de elementos vitais para a comunidade. Elaborar unha guía para esa reconversión, subvencionar auditorías de dependencia, ofrecer asesoramento para o proceso de adaptación, etc.

Promover a creación de cooperativas en cada barrio ou parroquia, orientadas á satisfacción das necesidades dos seus habitantes e nas que traballen os propios veciños e veciñas.

Facilitar a reconversión de edificios infrautilizados como centros de negocios para este tipo de proxectos económicos locais, que lles permitan compartir recursos e aforro en consumos (de enerxía, comunicacións, etc.).

Estado

Proposta xenérica.

Comentarios

Referencias (bibliografía, etc.).

Arquivos anexos.

gl/guia/economia/dotar_o_municipio_de_empresas_preparadas_para_o_peak_oil.txt · Última modificación: 2014/08/13 08:34 por touda

Municipios pospetroleo