Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:guia:economia:crear_unha_entidade_financeira_local
Translations of this page:

Crear unha entidade financeira local

Descrición

Estudar a creación dun banco ou caixa de aforros municipal ou comarcal, cooperativa de crédito ou institución semellante, que apoie a economía local, por exemplo mediante a concesión de créditos (baseados no aforro local) a iniciativas que faciliten a transición a unha economía relocalizada e pospetróleo. Unha das normas desta entidade sería que os aforros das persoas da localidade (ou comarca) serían unicamente prestados a iniciativas do mesmo lugar. Estes créditos poden ser concedidos a baixas ou nulas taxas de xuro, e mesmo ser concedidos en moeda local, se esta se estabelecer. Ao non cobrarlles xuros (ou seren estes moi baixos) ás persoas e entidades ás que lles concedese créditos, tampouco podería esta entidade pagar xuros á xente que deposite nela os aforros e, xa que logo, o interese destes depósitos sería indirecto, ao permitir fortalecer e dinamizar a economía local en beneficio de toda a veciñanza. O control e goberno desta entidade (por exemplo a decisión de a que proxectos concede crédito), deberían ser locais e democráticos, o cal sería outro incentivo para as persoas lle confiaren os seus aforros. Segundo Bill Mollison (1988) unha comunidade que teña un mínimo de 100 persoas economicamente activas pode soster unha entidade financeira local; tamén insiste, como xa temos comentado, en que debería ter obrigatoriamente uns principios éticos e unhas restricións claramente instituídas (1988, 534). A partir de 30 persoas este autor considera que é factíbel a creación dunha cooperativa de crédito (credit union), aínda que a normativa española (Real Decreto 84/1993) dificulta a creación destas entidades a pequena escala, pois require un capital inicial mínimo de un millón de euros, e polo tanto aquí habería que procurar, se cadra, outros formatos xurídicos.

Esta entidade debería incluír —ou colaborar con— un departamento de estudos que analizase a viabilidade dos proxectos que solicitan crédito, e que proactivamente detectase áreas nas que a liquidez abandona a localidade, así como servizos e produtos esenciais que actualmente hai que importar e que puidesen ser ofrecidos localmente para promover a creación de empresas ou proxectos que se ocupasen desas necesidades, preferentemente a cargo de persoas actualmente sen emprego. Tamén sería interesante que se ocupase ou promovese actividades de formación e de reciclaxe profesional nesa mesma liña.

Estado

Proposta xenérica.

Comentarios

Referencias (bibliografía, etc.).

Arquivos anexos.

FIXME Hai que engadir máis etiquetas

gl/guia/economia/crear_unha_entidade_financeira_local.txt · Última modificación: 2014/08/13 08:39 por touda

Municipios pospetroleo