Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:guia:economia:axudar_a_construir_o_novo_mercado_relocalizado
Translations of this page:

Esta é unha revisión antiga do documento!


A PCRE internal error occured. This might be caused by a faulty plugin

====== Axudar a construír o novo mercado relocalizado ====== ==== Descrición ==== Fomentar a reorientación das empresas produtivas cara ao consumo local. Apoiar economicamente proxectos empresariais que fornezan produtos substitutivos aos importados. Favorecer a creación de empresas de servizos que non impliquen elevados consumos materiais e de enerxía. Revisar a política de compras municipais dándolle prioridade ao abastecemento en mercados e produtores locais. Apoio ás redes locais de distribución de alimentos, así como ás cooperativas de consumo ecolóxico e local. Reforzar o comercio de proximidade, sobre todo o alimentar e de produtos de primeira necesidade. Contribuír ao estabelecemento de redes locais de subministración. Asegurar a subministración local de alimentos á poboación debe ser a prioridade absoluta do goberno, e pode axudar a ela de múltiples maneiras. Fomentar a creación de pequenas granxas ecolóxicas urbanas xestionadas por colectivos sociais, destinadas ao autoabastecemento. En todas aquelas medidas nas que se traballe con fontes locais e resilientes, cuantificar o aforro para o municipio (e para a veciñanza) que implica usaren esas fontes, como medio para demostrar que as medidas melloran de facto a economía do municipio nesta época de dificultades. Fomentar a integración das persoas en situación de desemprego —sobre todo as de longa duración— en novos oficios e servizos para a resiliencia. Ofrecer incentivos para a recuperación de oficios que impliquen reparación, mantemento e reciclaxe local de materiais usados. Integrar os puntos limpos do municipio con estes servizos. Crear unha especie de marca ou etiqueta que visualice a produción local, tanto internamente como de cara ao exterior, unha especie de “Feito en X” (nome do concello) que ao tempo que axude aos cidadáns do concello a apoiar os produtos locais, proxecte no exterior unha imaxe de calidade e produción sustentábel. ==== Estado ==== Proposta xenérica. ==== Comentarios ==== ==== Referencias (bibliografía, etc.). ==== ==== Arquivos anexos. ==== FIXME Hai que engadir máis etiquetas {{tag>economía mercado relocalización}}

gl/guia/economia/axudar_a_construir_o_novo_mercado_relocalizado.1407919019.txt.gz · Última modificación: 2014/08/13 08:36 por touda

Municipios pospetroleo