Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:guia:economia:axudar_a_construir_o_novo_mercado_relocalizado
Translations of this page:

Axudar a construír o novo mercado relocalizado

Descrición

Fomentar a reorientación das empresas produtivas cara ao consumo local.

Apoiar economicamente proxectos empresariais que fornezan produtos substitutivos aos importados.

Favorecer a creación de empresas de servizos que non impliquen elevados consumos materiais e de enerxía.

Revisar a política de compras municipais dándolle prioridade ao abastecemento en mercados e produtores locais. Apoio ás redes locais de distribución de alimentos, así como ás cooperativas de consumo ecolóxico e local.

Reforzar o comercio de proximidade, sobre todo o alimentar e de produtos de primeira necesidade. Contribuír ao estabelecemento de redes locais de subministración. Asegurar a subministración local de alimentos á poboación debe ser a prioridade absoluta do goberno, e pode axudar a ela de múltiples maneiras.

Fomentar a creación de pequenas granxas ecolóxicas urbanas xestionadas por colectivos sociais, destinadas ao autoabastecemento.

En todas aquelas medidas nas que se traballe con fontes locais e resilientes, cuantificar o aforro para o municipio (e para a veciñanza) que implica usaren esas fontes, como medio para demostrar que as medidas melloran de facto a economía do municipio nesta época de dificultades.

Fomentar a integración das persoas en situación de desemprego —sobre todo as de longa duración— en novos oficios e servizos para a resiliencia. Ofrecer incentivos para a recuperación de oficios que impliquen reparación, mantemento e reciclaxe local de materiais usados. Integrar os puntos limpos do municipio con estes servizos.

Crear unha especie de marca ou etiqueta que visualice a produción local, tanto internamente como de cara ao exterior, unha especie de “Feito en X” (nome do concello) que ao tempo que axude aos cidadáns do concello a apoiar os produtos locais, proxecte no exterior unha imaxe de calidade e produción sustentábel.

Estado

Proposta xenérica.

Comentarios

Referencias (bibliografía, etc.).

Arquivos anexos.

FIXME Hai que engadir máis etiquetas

gl/guia/economia/axudar_a_construir_o_novo_mercado_relocalizado.txt · Última modificación: 2014/08/17 17:20 por touda

Municipios pospetroleo