Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:compostela:outras:plan_para_a_reducion_do_lixo_e_a_prol_da_compostaxe
Translations of this page:

Compostela pospetróleo: Plan para a redución do lixo e a prol da compostaxe

Descrición

Non contribuír á incineración do lixo, apostando pola compostaxe do lixo orgánico de maneira descentralizada, e preferiblemente doméstica. Plano de Xestión do lixo centrado na redución, reutilización e reciclaxe do lixo. Favorecer a posta en marcha dunha planta de compostaxe de residuos orgánicos a nivel comarcal ou mesmo local, no caso de que non fose factible a incorporación á planta de Lousame. Revisión da normativo dos Puntos Limpos para a inclusión de todo tipo de residuos domésticos perigosos, para evitar a súa liberación no ambiente. Estudar a conveniencia de engadir un novo tipo de contedor para residuos orgánicos compostables. Estudar a conveniencia de implantar un sistema de recollida de lixo porta a porta (alomenos na zona urbana), de tal maneira que quen menos lixo produza pague menos taxas por este concepto e se favoreza así que cada familia composte. Promover unha estratexia de residuo cero.

Estado

Proposta.

gl/compostela/outras/plan_para_a_reducion_do_lixo_e_a_prol_da_compostaxe.txt · Última modificación: 2015/04/20 11:41 por touda

Municipios pospetroleo