Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:compostela:outras:difusion_da_transicion_enerxetica_e_o_peak_oil_entre_persoas_turistas_e_peregrinas
Translations of this page:

Compostela pospetróleo: Difusión da transición enerxética e o Peak Oil entre persoas turistas e peregrinas

Descrición

Aproveitar o carácter de destino turística e cultural de Compostela para espallar o coñecemento tanto do Peak Oil como das medidas para a transición enerxética que se están a acometer no concello, entre as persoas que o visiten. Non se trata tanto de crear un turismo peakoiler (que podería mesmo ser avaliado como idea) senón de espallar algo que é un problema para todos os lugares dos que proceden os nosos visitantes, para que leven tamén de aquí o coñecemento de que existen xeitos de vivir ben despois do petróleo. Podería por exemplo agasarllarse a todas as persoas que cheguen a nós facendo uso de medios máis sustentables (a pe, bicicleta, tren…) algún souvenir útil coa marca devandita baixo a que se executen as accións de adaptación pospetroleira. Estudar a incorporación ás oficinas de información turística de información que poña en valor a nova Compostela Pospetróleo. Realizar accións de proxección exterior do interese cultural e social da cidade como referente avanzado a nivel mundial na transición pospetróleo, en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia e outros axentes do sector turístico, especialmente enfocadas a aqueles colectivos máis concienciados (persoas participantes nas Transition Towns, por exemplo). Promover Compostela como lugar onde realizar congresos internacionais acerca da adaptación enerxética e a crise socio-ecolóxica.

Estado

Proposta.

gl/compostela/outras/difusion_da_transicion_enerxetica_e_o_peak_oil_entre_persoas_turistas_e_peregrinas.txt · Última modificación: 2015/04/20 11:46 por touda

Municipios pospetroleo