Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:compostela:outras:aproveitamento_das_escolas_unitarias_para_a_resiliencia_das_parroquias
Translations of this page:

Compostela pospetróleo: Aproveitamento das escolas unitarias para a resiliencia das parroquias

Descrición

Aproveitar os edificios das escolas unitarias agora sen uso educativo, manténdoas e dotándoas de servizos, contidos e actividades a prol da resiliencia das parroquias rurais de Santiago de Compostela. Diversas medidas das aquí propostas poderían localizarse nestes locais, que así poderían albergar: centros de recursos comunitarios, centro de compartición de ferramentas e outros útiles (utilteca), centro para a conservación de alimentos, centro de formación e biblioteca para a resiliencia pospetróleo, banco de sementes parroquial, etc. En todo caso non habería que dificultar a súa futura dedicación á función orixinalmente de ensino dos nenos/as e rapaces/zas da parroquia, pois cando o transporte a outros centros sexa difícil terá que botarse man de novo das escolas distribuídas co modelo de escola unitaria.

Estado

Proposta.

gl/compostela/outras/aproveitamento_das_escolas_unitarias_para_a_resiliencia_das_parroquias.txt · Última modificación: 2015/04/20 11:45 por touda

Municipios pospetroleo