gl:compostela:economia_e_goberno:programa_de_novas_empresas_sustentables_pospetroleo
Compostela pospetróleo: Programa de novas empresas sustentables pospetróleo
Descrición
Promover a creación de empresas realmente —e non só nominalmente— sustentables e resilientes mediante un programa específico de posta en marcha deste tipo de empresas a partir dun ciclo de formación sobre o Peak Oil para os seus promotores.
Centrar os apoios do Concello ás iniciativas empresariais que demostren unha dependencia mínima do petróleo e unha máxima eficiencia e aforro enerxéticos, reducindo os destinados ás máis dependentes e menos eficientes.
Incorporar unha avaliación de sustentabilidade e resiliencia fronte ao Teito do Petróleo ao proceso de selección de empresas de nova creación que poidan recibir asesoramento ou apoio do Concello.
Estado
Proposta.
gl/compostela/economia_e_goberno/programa_de_novas_empresas_sustentables_pospetroleo.txt · Última modificación: por touda
