Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:compostela:economia_e_goberno:programa_de_apoio_ao_comercio_e_a_distribucion_local
Translations of this page:

Compostela pospetróleo: Programa de apoio ao comercio e á distribución local

Descrición

Reforzar o comercio de proximidade, sobre todo o alimentar e de produtos de primeira necesidade. Contribuír ao estabelecemento de redes locais de subministro. Favorecer a apertura de comercios deste tipo de produtos nas parroquias rurais e nas urbanizacións periurbanas onde viva un número suficiente de persoas.

Eliminar os posibles apoios económicos que houber aos centros comerciais non integrados dentro das cidades e dependentes do coche, derivándoos cara ao apoio ao comercio de proximidade.

Estado

Proposta recollida dunha maneira máis xenérica no programa de 2015 de Compostela Aberta:

Promover e apoiar iniciativas de distribución e comercialización do produto local

Tamén noutra medida propoñen:

Impulso dos mercados de proximidade, de mercados de produtores fronte aos de intermediarios e apoio ás canles curtas de comercialización, promovendo as iniciativas que neste sentido se xeren nas zonas rurais de Compostela.

E noutra máis:

Apoio ao comercio de barrio, retomando a cultura do comercio de primeira necesidade como vía de emprendemento e colaboración entre a veciñanza.
gl/compostela/economia_e_goberno/programa_de_apoio_ao_comercio_e_a_distribucion_local.txt · Última modificación: 2015/05/23 07:52 por touda

Municipios pospetroleo