Boimorto pospetróleo: Programa de ampliación e sustentabilidade do transporte público
Descrición
Reclamar o aumento do número e frecuencia do transporte público, reformulándoo para minimizar o uso do vehículo privado e crear unha conexión mediante una liña circular municipal de bus ou microbús entre as diversas parroquias coa vila e entre elas. Aproveitamento das prazas libres no autobús do Centro de Maiores para desprazamentos doutras persoas para así optimizar o seu uso.
Promover que ese autobús municipal funcione con aceite reciclado para asegurar a súa sustentabilidade. Para isto, promover unha rede de recollida de aceite usado doméstico, nos negocios de restauración, comedores de centros públicos e de traballo, industriais, etc. para reciclalo nunha pequena planta local que abastecería este bus.
Facer un estudo para avaliar a posible eficiencia enerxética dun sistema de microbuses baixo demanda complementario ás liñas permanentes, especialmente para a comunicación das áreas rurais do municipio, en coordinación co sistema de taxis.
Estado
Proposta.
Comentarios
Outras medidas relacionadas
Referencias (bibliografía, etc.)
Arquivos anexos
Falta engadir etiquetas.
