Boimorto pospetróleo: Favorecer o turismo activista pospetróleo
Descrición
Unha vez que no ámbito do municipio se conte cun mínimo de iniciativas de interese, comezar a promover por toda Galiza, todo o Estado Español e a nivel europeo a referencia de Boimorto como lugar á vangarda dun novo rural pospetróleo, realizando actividades permanentes e periódicas de difusión, para mostrar a ese público aínda minoritario pero en rápida expansión cómo é posible a vida no rural cunha mínima dependencia dos combustibles fósiles. En paralelo a esta actividade ofrecer Boimorto como lugar atractivo para estabelecer proxectos deste tipo, favorecendo un ciclo de realimentación positivo: cantos máis proxectos de interese se ubique en Boimorto, maior atractivo terá como punto de referencia galego, español e europeo, e cantos máis interesados no tema acodan visitalo, haberá máis tentados pola idea de se instalar aquí. Vencellar nestas visitas o presente e futuro pospetróleo do municipio coa súa historia como próspero ámbito agrario preindustrial, e con outros aspectos culturais e etnográficos de interese. Poñer tamén en valor o coñecemento aínda atesourado polos máis vellos e vellas das nosas parroquias no ámbito dunha vida non dependente do petróleo: manexo de ferramenta agrícola, manexo dos animais, formas de cultivo preindustriais, etc. Aproveitamento das instalacións da antiga Telleira para a realización dalgunhas destas actividades.
Estado
Proposta.
Comentarios
Outras medidas relacionadas
Referencias (bibliografía, etc.)
Arquivos anexos
Falta engadir etiquetas.
