Boimorto pospetróleo: Programa de novas empresas sustentables pospetróleo
Descrición
Promover a creación de empresas realmente —e non só nominalmente— sustentables e resilientes mediante un programa específico de posta en marcha deste tipo de empresas a partir dun ciclo de formación sobre o Peak Oil para as veciñas e veciños que as queiran promover.
Centrar os apoios do Concello, así como a instalación no Parque Empresarial, ás iniciativas empresariais que demostren unha dependencia mínima do petróleo e unha máxima eficiencia e aforro enerxéticos, reducindo os apoios ás máis dependentes e menos eficientes.
Incorporar unha avaliación de sustentabilidade e resiliencia fronte ao Teito do Petróleo ao proceso de selección de empresas de nova creación que poidan recibir asesoramento ou apoio de calquera tipo desde o Concello.
Estado
Proposta.
Comentarios
Outras medidas relacionadas
Referencias (bibliografía, etc.)
Arquivos anexos
Falta engadir etiquetas.
