gl:ames:urbanismo:reforma_para_un_saneamento_sustentable
Ames pospetróleo: Reforma para un saneamento sustentable
Descrición
Implantar sistemas de tratamento de residuos sólidos e de augas residuais sostibles e autosuficientes, promovendo a reconversión das plantas municipais. Aproveitar para uso agrícola o residuo seco obtido tras o tratamento de augas residuais, sempre e cando non teña contaminantes. Compostar e reciclar ao máximo, establecendo plantas de procesamento local dedicadas a esta función. Estudar todas as redes e plantas de saneamento para a súa adecuación enerxética. Favorecer a depuración mediante lagoas artificiais con plantas macrófitas.
Estado
Proposta que en certa medida podería entenderse compatible coa recollida polo BNG en 2015:
Nas actuacións de saneamento, tamén se iniciará o proceso de reforma cara sistemas sustentábeis, reconvertendo de acordo coa tecnoloxía dispoñíbel as estacións cara a adecuación enerxética e redución na produción de residuos contaminantes.
Comentarios
Efectos positivos adicionais
Incidencia positiva na creación de emprego.
Impactos negativos que diminúe
Outras medidas relacionadas
Referencias (bibliografía, etc.)
Arquivos anexos
Hai que engadir etiquetas
gl/ames/urbanismo/reforma_para_un_saneamento_sustentable.txt · Última modificación: por touda
