Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:ames:urbanismo:promover_a_retirada_de_amianto_nas_construcions
Translations of this page:

Ames pospetróleo: Promover a retirada de amianto nas construcións

Descrición

Favorecer a retirada progresiva pero o máis temperá posible do fibrocemento con contido de amianto tanto nas vivendas particulares como nas públicas, coa máxima garantía de seguridade, p.ex. mediante a exención das taxas do ICIO a estas obras e mesmo subvencionando parcialmente as retiradas. Perseguir coa máxima dureza os verquidos ilegais de restos de amianto no temro municipal. Favorecer que estas retiradas se encarguen a empresas ubicadas no concello. Realizar informes gratuitos a todos os veciños interesados en saber se nas súas vivendas existe amianto, subvencionando as análises precisas. Realizar campañas de concienciación sobre os riscos do amianto.

Estado

Proposta asumida parcialmente en 2015 polo PSdeG-PSOE:

Dentro de esta medida non todo é viable, pero sí se poden considerar das opcións propostas como a exención de tasas, seguir perseguindo os verquidos ilegais e facer unha campaña de concienciación.

Aprobada unha moción sobre a cuestión do amianto en novembro de 2016, presentada por Ames Novo.

Comentarios

Efectos positivos adicionais

  • :-) Incidencia positiva na creación de emprego.

Impactos negativos que diminúe

  • :-( De non o facermos agora antecipadamente, expoñémonos a que no futuro, con menor dispoñibilidade económica, técnica e de recursos especializados, o amianto se libere de maneira incontrolada e masiva no concello.

Outras medidas relacionadas

Referencias (bibliografía, etc.).

Arquivos anexos.

FIXME Hai que engadir etiquetas

gl/ames/urbanismo/promover_a_retirada_de_amianto_nas_construcions.txt · Última modificación: 2017/08/21 17:00 por touda

Municipios pospetroleo