Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:ames:urbanismo:presionar_para_que_se_complete_o_proceso_de_concentracion_parcelaria
Translations of this page:

Ames pospetróleo: Presionar para que se complete o proceso de concentración parcelaria

Descrición

Presionar á administración autonómica para que se complete o proceso de concentración parcelaria que aínda non rematou na zona de Biduído-Bugallido, pola inseguridade que isto implica tanto a nivel xurídico como a nivel de seguridade física dos veciños, que están imposibilitados para pecharen definitivamente as súas fincas, que xa foron fisica e tecnicamente concentradas, pero que están á espera da entrega de títulos. A normativa actual impide que fincas que non teñan entregados aínda eses títulos poidan proceder a ser pechadas con valos permanentes.

Adicionalmente á cuestión da seguridade física e xurídica, completar esa derradeira fase burocrática da concentración suporía a posibilidade de dinamizar a actividade construtiva, pois poderían realizarse numerosos peches definitivos agora imposibles pola normativa urbanística. Se se ver que o proceso non se dá rematado, podería modificarse entón a normativa urbanística para permitir facer peches definitivos nas fincas pendentes unicamente de entrega de títulos.

Estado

Proposta asumida en 2015 por Pacto x Ames.

En febreiro de 2016 procedeuse por fin á entrega de títulos nas parroquias de Biduído e Bugallido, co cal remata o proceso de concentración parcelaria no concello de Ames.

Comentarios

Efectos positivos adicionais

  • :-) Incidencia positiva na creación de emprego.

Impactos negativos que diminúe

  • :-( O previsible incremento da inseguridade nos anos vindeiros afectaría especialmente á veciñanza destas parroquias, ao non poderen facer peches definitivos.

Outras medidas relacionadas

Referencias (bibliografía, etc.)

Arquivos anexos

FIXME Hai que engadir etiquetas

gl/ames/urbanismo/presionar_para_que_se_complete_o_proceso_de_concentracion_parcelaria.txt · Última modificación: 2016/02/17 07:20 por touda

Municipios pospetroleo