gl:ames:transporte:programa_para_favorecer_os_espazos_peonis
Ames pospetróleo: Programa para favorecer os espazos peonís
Descrición
Promover a ampliación dos espazos peonís nos núcleos urbanos. Estas medidas acompañaranse dunha acción decidida na mellora e ampliación dos servizos de transporte colectivo urbano e coa bisbarra. Mellora da senda verde entre Bertamiráns e O Milladoiro. Facilitar mediante paseos, sinalización viaria, etc. o desprazamento peonil nas áreas rurais coa máxima seguridade fronte aos coches.
Estado
Proposta. O BNG en 2015 incorpora unha medida a prol dos desprazamentos a pé nestes termos:
(…) fomentaremos novas formas de mobilidade, impulsando tanto o uso da bicicleta como os desprazamentos a pé no interior das vilas.
E tamén estoutra:
Crearanse itinerarios medioambientais para peóns e bicicletas que sirvan como unha alternativa real ao uso do coche, permitindo o desprazamento a pé ou en bicicleta entre As Cortes e Bertamiráns, e entre O Milladoiro e Ventín.
E mais:
Promoverase a recuperación dos camiños tradicionais que unían os núcleos rurais e coidaranse especialmente, os tramos do Camiño de Santiago que pasan polo noso concello: o que continúa ata Fisterra e o Camiño Portugués.
Proposta asumida en 2015 por Ames Novo, polo menos a nivel de concepto.
Comentarios
Efectos positivos adicionais
Impactos negativos que diminúe
Outras medidas relacionadas
Referencias (bibliografía, etc.)
Arquivos anexos
Hai que engadir etiquetas
gl/ames/transporte/programa_para_favorecer_os_espazos_peonis.txt · Última modificación: por touda
