gl:ames:transporte:programa_de_ampliacion_do_transporte_publico
Ames pospetróleo: Programa de ampliación do transporte público
Descrición
Aumentar o número e frecuencia do transporte público, reformulándoo para minimizar o uso do vehículo privado e crear unha conexión máis ampla e optimizada entre as diversas parroquias cos núcleos urbanos e destes entre si. Especialmente:
- Aumentar a frecuencia dos autobuses entre Bertamiráns e Compostela.
- Aumentar os horarios dispoñibles entre Bertamiráns e o Milladoiro.
- Ampliar os horarios na fin de semana.
- Ampliar as paradas das liñas que percorran as áreas rurais do concello.
- Etc.
Estado
Proposta recollida parcialmente en medidas do BNG en 2015. P.ex.:
Os nosos obxectivos serán a ampliación do transporte público e mellorar a súa calidade (horarios, frecuencias…), co obxectivo de facilitar a mobilidade da poboación e reducir o consumo enerxético e a contaminación.
Proposta asumida en 2015 polo PSdeG-PSOE.
Proposta asumida en 2015 por Pacto x Ames, aínda que sen detallar, e con esta redacción:
Programa de ampliación do transporte público: posibilidade de implantar liñas internas dentro do noso Concello encadrado no transporte metropolitano (ver apartado de mobilidade).
Noutro punto do programa propoñen:
En canto á mobilidade, desde PACTO x AMES facemos unha gran aposta polo transporte metropolitano, e propoñeremos diversas actuacións. Contemplamos a posibilidade de implantar liñas internas dentro do noso Concello (encadradas no transporte metropolitano), destinadas á comunicación efectiva entre as parroquias e o Milladoiro e Bertamiráns.
Do mesmo xeito, se non fose posible achegar posturas dentro da entidade que xestiona o transporte metropolitano, da que Ames forma parte, faremos un estudio de viabilidade para ver si é factible a implantación do transporte urbano.
Proposta recollida a grandes rasgos por Ames Novo en 2015:
3.2 POTENCIACIÓN DO USO DO TRANSPORTE PÚBLICO E RESPONSABILIDADE NO PRIVADO (…) AMPLIACIÓN DAS FRECUENCIAS HORARIAS (especialmente na fin de semana.)
Comentarios
Efectos positivos adicionais
Incidencia positiva na creación de emprego.
Impactos negativos que diminúe
Outras medidas relacionadas
Referencias (bibliografía, etc.)
Arquivos anexos
Hai que engadir etiquetas
gl/ames/transporte/programa_de_ampliacion_do_transporte_publico.txt · Última modificación: por touda
