Ames pospetróleo: Plan para o uso do transporte público polos cargos públicos do Concello
Descrición
Máximo emprego do transporte público polos cargos públicos, especialmente nos desprazamentos dentro do propio municipio. O transporte público tamén debería ser prioritario en moitos outros desprazamentos locais que se realizan por parte do persoal técnico e/ou administrativo do Concello na realización do seu traballo. Igualmente, debería fomentarse o seu uso para o desprazamento ao lugar do traballo por parte de todo o persoal do Concello.
Estado
Proposta asumida en 2015 polo PSdeG-PSOE.
Comentarios
Isto ten varios efectos prácticos: técnico (reducir o consumo de carburantes do Concello), pedagóxico (converter en habitual o uso deste transporte para todos os estamentos sociais), político (familiarizarse con un servizo básico, as súas virtudes e os seus defectos, permitindo unha mellor resolucións dos problemas que lle atinxen).
Efectos positivos adicionais
Impactos negativos que diminúe
Outras medidas relacionadas
Referencias (bibliografía, etc.)
Arquivos anexos
Hai que engadir etiquetas
