Ames pospetróleo: Plan de transporte urbano mediante aceite reciclado
Descrición
Promover a transformación do maior número posible de buses urbanos para funcionaren con aceite reciclado. Habería que facelo no ámbito do Transporte Metropolitano de Santiago.
Promover unha rede de recollida de aceite usado doméstico, nos negocios de restauración, comedores de centros públicos e de traballo, industriais, etc. para reciclalo en plantas locais que abastecerían estes buses.
Estado
Proposta asumida en 2015 polo BNG con esta redacción:
Promover a transformación do maior número posible de vehículos municipais e de uso público para funcionaren con aceite reciclado, e promover unha rede de recollida de aceite usado doméstico, nos negocios de restauración, comedores de centros públicos e de traballo, industriais, etc. para reciclalo en plantas locais para o dito abastecemento
Acerca do aceite tamén inclúen outra proposta nestes termos:
Favorecer a redución, reutilización e reciclaxe dos residuos, estendendo a recollida de aceite doméstico, a compostaxe caseira, adaptando o número e localización dos contedores específicos ás necesidades detectadas.
Novembro 2015: Comézase recoller aceite usado pero principalmente para reducir a contaminación, e no canto de aproveitalo local e directamente como combustible, estase ¿agasallando? a unha empresa de Lalín que con el fabrica biodiésel (desbaldindo, polo tanto, enerxía con respecto ao uso directo en motores diésel).
Comentarios
Efectos positivos adicionais
Incidencia positiva na creación de emprego.
Impactos negativos que diminúe
Outras medidas relacionadas
Referencias (bibliografía, etc.)
Arquivos anexos
Hai que engadir etiquetas
