gl:ames:outras:programa_para_a_comparticion_de_servizos_nas_areas_rurais
Ames pospetróleo: Programa para a compartición de servizos nas áreas rurais
Descrición
Promover a substitución dos comedores rurais sobre rodas pola satisfacción desa necesidade nas propias casas dos veciños, favorecendo así de paso a reconstrución dos vencellos sociais nas áreas rurais. O Concello participaría coordinando o servizo, resolvendo posibles conflitos ou problemas, e fornecendo alimentos que procederían da produción local.
Promover a compartición doutros servizos nas áreas rurais, sobre todo cando impliquen consumo de enerxía: p.ex. o servizo de lavandaría. A compartición partiría dos propios recursos de que dispoñan os veciños a nivel local, complementados con locais ou elementos físicos que poida achegar ou facilitar o concello: p.ex. lavadoras, conxeladores, etc.
Estado
Proposta.
Comentarios
Efectos positivos adicionais
Impactos negativos que diminúe
Outras medidas relacionadas
Referencias (bibliografía, etc.)
Arquivos anexos
Hai que engadir etiquetas
gl/ames/outras/programa_para_a_comparticion_de_servizos_nas_areas_rurais.txt · Última modificación: por touda
