gl:ames:outras:programa_de_difusion_e_formacion_para_a_adaptacion_social_pospetroleo
Ames pospetróleo: Programa de difusión e formación para a adaptación social pospetróleo
Descrición
Colaborar activamente para que se realicen charlas, xornadas, actividades formativas, actividades escolares, proxeccións de documentais, creación de proxectos interactivos ou transmedia, libros e bandas deseñadas divulgativos e prácticos vinculados con:
- O Teito do petróleo.
- O aforro enerxético.
- A resiliencia comunitaria.
- Habilidades útiles nun mundo sen petróleo.
- Agricultura natural/ecolóxica/tradicional.
- Permacultura.
- Decrecemento.
- Autoprodución e conservación de alimentos.
- Compostaxe caseira.
- Tecnoloxía axeitada.
- Autoxestión e coidado colectivo e persoal da saúde.
- Cociñas solares.
- Autoconstrución de sistemas de enerxía renovable.
- Estilos de vida e alimentación saudables.
- Tracción animal para a agricultura e o transporte.
Priorizar este tipo de actos no uso das instalacións e recursos municipais, así como nas subvencións e axudas a actividades non lucrativas outorgadas polo Concello.
Estado
Proposta que en certa medida se pode entender recollida dentro desta incluída no programa de 2015 do BNG:
Establecer un programa municipal para a transición enerxética tanto para adoptar un plan de medidas para a institución municipal como para establecer accións de difusión, concienciación e formación para a adaptación social pospetróleo.
Proposta que en 2015 o PSdeG-PSOE afirmaba ter feito, en parte, durante os gobernos 2003-2011:
Xa o viñamos facendo no goberno socialista, e nos plans estaba seguir empregando a aula: aforro enerxético, compostaxe caseira —ademais das subvencións para compra de composteiros e charlas de emprego e beneficios do mesmo—, etc etc. A través de Amorodo tamen se teñen dado moita formación por exemplo de autoproducción e conservación de alimentos (hai de feito unha autoclave en Aldea Nova que envasa e esteriliza moitos botes xuntos).
Proposta asumida parcialmente por Ames Novo en 2015:
5.2 XORNADAS DE FORMACIÓN. (…) condución responsable, a mochila ecolóxica dos produtos que consumimos, redución da produción de residuos, o decrecemento, técnicas de cultivo en ecolóxico, coñecemento da flora e fauna do Concello, identificación de plantas silvestres comestibles…
Comentarios
Efectos positivos adicionais
Incidencia positiva na creación de emprego.
Impactos negativos que diminúe
Outras medidas relacionadas
Referencias (bibliografía, etc.).
Arquivos anexos.
Hai que engadir etiquetas
gl/ames/outras/programa_de_difusion_e_formacion_para_a_adaptacion_social_pospetroleo.txt · Última modificación: por touda
