gl:ames:outras:creacion_de_hortas_escolares_en_todos_os_centros
Ames pospetróleo: Creación de hortas escolares en todos os centros de ensino
Descrición
Promover e facilitar a creación, mantemento e uso pedagóxico de hortas ecolóxicas en todos os centros de ensino públicos, en todos os niveis educativos, ubicados no Concello, coa finalidade de poñer en contacto a nenos/as e rapaces/zas de todas as idades co cultivo de alimentos. Realizar actividades didácticas en torno a ditas hortas que inclúan a participación de pais, nais, avós e avoas.
Estado
Proposta parcialmente en certa medida polo BNG en 2015:
Crear programas de incentivación da autonomía das nenas e dos nenos e de creación de comunidades de aprendizaxe: hortas escolares, camiños escolares alí onde as condicións de seguridade viaria o permitan, apoio entre escolares (tarefas escolares, como comer, lectura, etc.), fomento de relacións interxeracionais, etc.
Proposta asumida en 2015 polo PSdeG-PSOE, indicando o que xa se fixera nos gobernos 2003-2011:
Tiñamos unha horta escolar para nos coñecido como MONTE ESCOLAR. Tamén temos a horta da Aula da Natureza, alí íanse facer talleres con hortalizas, flores, etc ademais de seguir co Programa de Valorización do Monte e Prevención de Incendios iniciado no Monte Escolar.
Proposta asumida en 2015 por Pacto x Ames, nestes termos, que a vencellan con outras das nosas medidas propostas:
Promoción da horticultura urbana en fincas sen uso e centros escolares, proporcionando ferramentas e coñecementos precisos. (…)
Comentarios
Efectos positivos adicionais
Impactos negativos que diminúe
Outras medidas relacionadas
Referencias (bibliografía, etc.).
Arquivos anexos.
Hai que engadir etiquetas
gl/ames/outras/creacion_de_hortas_escolares_en_todos_os_centros.txt · Última modificación: por touda
