Ames pospetróleo: Aproveitamento das escolas unitarias para a resiliencia das parroquias
Descrición
Aproveitar os edificios das escolas unitarias agora sen uso educativo, manténdoas e dotándoas de servizos, contidos e actividades a prol da resiliencia das parroquias rurais de Ames. Diversas medidas das aquí propostas poderían localizarse nestes locais, que así poderían albergar: centros de recursos comunitarios, centro de compartición de ferramentas e outros útiles (utilteca), centro para a conservación de alimentos, centro de formación e biblioteca para a resiliencia pospetróleo, banco de sementes parroquial, etc. En todo caso non habería que dificultar a súa futura dedicación á función orixinalmente de ensino dos nenos/as e rapaces/zas da parroquia, pois cando o transporte a outros centros sexa difícil terá que botarse man de novo das escolas distribuídas co modelo de escola unitaria. Tamén comprería buscar a súa compatibilidade co uso como local de encontro social das parroquias.
Estado
Proposta.
Comentarios
Efectos positivos adicionais
Impactos negativos que diminúe
Outras medidas relacionadas
Referencias (bibliografía, etc.)
Arquivos anexos
Hai que engadir etiquetas
