Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:ames:economia_e_goberno:recuperar_os_mercados_locais_de_alimentos
Translations of this page:

Esta é unha revisión antiga do documento!


Ames pospetróleo: Recuperar os mercados locais de alimentos

Descrición

Promover as feiras e mercados locais, sobre todo de alimentos, de tipo permanente en lugares fixos ou rotatorias pola comarca. Nos xa existentes, promover que se aumente a súa frecuencia e extensión. Promover sobre todo a presenza de produtores/as locais. Promovelas non só nos dous núcleos urbáns do municipio senón tamén nas parroquias rurais.

Estado

Proposta en certa medida asumida en 2015 polo BNG nun par de propostas do seu programa que din:

Apoiar a comercialización en mercados de proximidade, aumentando e mellorando os espazos dedicados en espazos públicos no Milladoiro e Bertamiráns, para a venda de alimentos locais e artesanía en mercados de proximidade de tarde-serán.
Potenciar os mercados de rúa, habilitación de zonas específicas para a instalación de venda de produtos locais de alimentación e artesanía, e con espazos para o troco entre a veciñanza. Emprender actuacións de dinamización, así como a avaliación da súa relocalización para que conten con máis espazo e zonas cubertas.

Comentarios

Efectos positivos adicionais

  • :-) Incidencia positiva na creación de emprego.
  • :-) Favorecerá unha vida social máis intensa.
  • :-) Aumentará a soberanía alimentar.

Impactos negativos que diminúe

  • :-( Creará unha rede que evitará as consecuencias peores dun previsible futuro desabastecemento dos supermercados.

Outras medidas relacionadas

Referencias (bibliografía, etc.)

Arquivos anexos

FIXME Hai que engadir etiquetas

gl/ames/economia_e_goberno/recuperar_os_mercados_locais_de_alimentos.1428908519.txt.gz · Última modificación: 2015/04/13 07:01 por touda

Municipios pospetroleo