gl:ames:economia_e_goberno:recuperar_os_mercados_locais_de_alimentos
Ames pospetróleo: Recuperar os mercados locais de alimentos
Descrición
Promover as feiras e mercados locais, sobre todo de alimentos, de tipo permanente en lugares fixos ou rotatorias pola comarca. Nos xa existentes, promover que se aumente a súa frecuencia e extensión. Promover sobre todo a presenza de produtores/as locais. Promovelas non só nos dous núcleos urbáns do municipio senón tamén nas parroquias rurais.
Estado
Proposta en certa medida asumida en 2015 polo BNG nun par de propostas do seu programa que din:
Apoiar a comercialización en mercados de proximidade, aumentando e mellorando os espazos dedicados en espazos públicos no Milladoiro e Bertamiráns, para a venda de alimentos locais e artesanía en mercados de proximidade de tarde-serán.
Potenciar os mercados de rúa, habilitación de zonas específicas para a instalación de venda de produtos locais de alimentación e artesanía, e con espazos para o troco entre a veciñanza. Emprender actuacións de dinamización, así como a avaliación da súa relocalización para que conten con máis espazo e zonas cubertas.
Proposta que en 2015 o PSdeG-PSOE vencellaba con realizacións deles durante o goberno 2003-2011:
Promovemos feiras e mercados locais a través do mercadillo de Bertamiráns; a través de Amorodo con productores locais introducidos en canles de distribución dos seus produtos: no mercadillo mesmo e coa rede de cestas; mercados puntuais en diferentes festas como a da Naturaza.
Comentarios
Efectos positivos adicionais
Incidencia positiva na creación de emprego.
Favorecerá unha vida social máis intensa.
Aumentará a soberanía alimentar.
Impactos negativos que diminúe
Creará unha rede que evitará as consecuencias peores dun previsible futuro desabastecemento dos supermercados.
Outras medidas relacionadas
Referencias (bibliografía, etc.)
Arquivos anexos
Hai que engadir etiquetas
gl/ames/economia_e_goberno/recuperar_os_mercados_locais_de_alimentos.txt · Última modificación: por touda
