gl:ames:economia_e_goberno:promover_as_feiras_de_troco
Ames pospetróleo: Promover as feiras de troco
Descrición
En conexión coas feiras locais de alimentos, co banco tempo e mais co sistema de moeda local, promover a realización de encontros ou feiras onde a veciñanza poida trocar produtos, enseres, ferramentas, mobles, etc.
Estado
Proposta parcialmente asumida en 2015 polo BNG nunha medida redactada como segue:
Potenciar os mercados de rúa, habilitación de zonas específicas para a instalación de venda de produtos locais de alimentación e artesanía, e con espazos para o troco entre a veciñanza.
Proposta que en 2015 o PSdeG-PSOE afirmaba ter feito durante os gobernos 2003-2011:
Celébrabamos 1 ao ano, cada edición con máis éxito.
Comentarios
Efectos positivos adicionais
Favorecerá unha vida social máis intensa.
Impactos negativos que diminúe
Minimizará as posibilidades de que as persoas sen recursos pero que posúan obxectos útiles queden sen os obxectos que precisen.
Outras medidas relacionadas
Referencias (bibliografía, etc.)
Arquivos anexos
Hai que engadir etiquetas
gl/ames/economia_e_goberno/promover_as_feiras_de_troco.txt · Última modificación: por touda
