gl:ames:economia_e_goberno:promocion_da_producion_local_de_alimentos
Ames pospetróleo: Promoción da produción local de alimentos
Descrición
Definir todo o municipio como área de especial promoción agrícola-gandeira ecolóxica. Reservar áreas para produción agrícola especialmente na contorna dos dous núcleos urbáns. Estudar as producións históricas nas que estaba especializado o concello (ovellas, cerdeiras, laranxeiras, sidra de peros, etc. etc.).
Estado
Proposta.
En 2015 o BNG leva no seu programa unha medida relacionada:
Elaborar un mapa do solo de Ames en función da súa capacidade produtiva para a agricultura e a gandería, que axude a ordenar e regular os mellores espazos para mellorar a calidade produtiva.
Proposta que en 2015 o PSdeG-PSOE afirmaba ter desenvolto dalgunha maneira durante os gobernos 2003-2011:
A través de Amorodo estimulabase e axudabase á producción local.
Proposta en certa medida asumida en 2015 por Ames Novo:
6.DEFENSA DA SOBERANÍA ALIMENTARIA E APOIO Ó SECTOR PRIMARIO PARA MANTER UN RURAL VIVO. (…) Impulsar dende o concello as redes curtas de comercialización para mellorar os ingresos dos produtores e produtoras e incentivar o consumo de alimentos locais fomentando a recuperación de espazos de cultivo.
Comentarios
Efectos positivos adicionais
Incidencia positiva na creación de emprego.
Aumento da soberanía alimentar.
Impactos negativos que diminúe
Evitará desabastecemento de alimentos.
Referencias (bibliografía, etc.)
- Hábitat Social (2015): “Galiza: calamidade e oportunidade” en X. Hermida & X. duro (coords.): Ecoloxía Política, obencomún, p. 19.
Arquivos anexos
Hai que engadir etiquetas
gl/ames/economia_e_goberno/promocion_da_producion_local_de_alimentos.txt · Última modificación: por touda
