gl:ames:economia_e_goberno:programa_de_reorientacion_de_empresas_para_o_consumo_local
Ames pospetróleo: Programa de reorientación de empresas para o consumo local
Descrición
Fomentar a reorientación das empresas produtiva cara o consumo local e as necesidades internas de Ames (nun primeiro nivel; despois da bisbarra, e finalmente, de Galiza), reavaliando a viabilidade das exportacións fóra do municipio en escenarios de custos irremediablemente crecentes do transporte.
Estado
Proposta asumida en 2015 polo BNG nunha redacción alternativa:
Reorientar o consumo das empresas de Ames ao consumo local, de xeito que nos procesos produtivos se atenda nun primeiro nivel a demanda de produtos e servizos xerados no concello.
e complementada con outra medida neste sentido redactada en termos moi semellantes á nosa:
Fomentar a reorientación das empresas produtivas cara ao consumo local e as necesidades internas de Ames (nun primeiro nivel; despois da bisbarra, e finalmente, de Galiza).
Proposta que en 2015 o PSdeG-PSOE dicía ter feito durante os gobernos 2003-2011:
A través de todas as campañas de fomento do consumo local.
Comentarios
Efectos positivos adicionais
Incidencia positiva na creación de emprego.
Impactos negativos que diminúe
Evitará o desabastecemento.
Outras medidas relacionadas
Referencias (bibliografía, etc.)
Arquivos anexos
Hai que engadir etiquetas
gl/ames/economia_e_goberno/programa_de_reorientacion_de_empresas_para_o_consumo_local.txt · Última modificación: por touda
