gl:ames:economia_e_goberno:programa_de_reconversion_de_empresas_para_un_futuro_sen_petroleo
Ames pospetróleo: Programa de reconversión de empresas para un futuro sen petróleo
Descrición
Fomentar a identificación e reconversión de empresas dependentes directa ou indirectamente do petróleo.
Publicar unha guía para esa reconversión, subvencionar auditorías de dependencia enerxética, ofrecer asesoramento (de balde ou subvencionado) para o proceso de adaptación, etc.
Incorporar en paralelo medidas de redución de residuos nas empresas e nos produtos que estas vendan.
Estado
Proposta.
En 2015 o BNG inclúe no seu programa algo nesta liña:
Impulsar as empresas que ofrezan servizos (consultoría, enxeñaría) para a mudanza tecnolóxica das empresas, sobre todo no aforro de recursos enerxéticos e de materiais non renovábeis.
Comentarios
Efectos positivos adicionais
Aumentará a resiliencia das empresas locais.
Impactos negativos que diminúe
Evitará quebra de empresas polos custos enerxéticos.
Outras medidas relacionadas
Referencias (bibliografía, etc.)
Arquivos anexos
Hai que engadir etiquetas
gl/ames/economia_e_goberno/programa_de_reconversion_de_empresas_para_un_futuro_sen_petroleo.txt · Última modificación: por touda
