Ames pospetróleo: Programa de novas empresas sustentables pospetróleo
Descrición
Promover a creación de empresas realmente —e non só nominalmente— sustentables e resilientes mediante un programa específico de posta en marcha deste tipo de empresas a partir dun ciclo de formación sobre o Peak Oil para os seus promotores.
Centrar os apoios que o Concello dea a iniciativas empresariais, naquelas que demostren unha dependencia mínima do petróleo e unha máxima eficiencia e aforro enerxéticos, reducindo os destinados ás máis dependentes e menos eficientes.
Incorporar unha avaliación de sustentabilidade e resiliencia fronte ao Teito do Petróleo ao proceso de selección de empresas de nova creación que poidan recibir asesoramento ou apoio do Concello
Estado
Proposta asumida en 2015 polo PSdeG-PSOE, aínda que eliminando o termo pospetróleo. Afirmábase ter feito algo sobre o tema nos gobernos 2003-2011, pero…
Estimulábase e apoiábase o emprendemento a través do servizo de asesoramento e das ILES. Aínda que para ser ILE non se tiñan en conta criterios de sustentabilidade relativos ao petroleo.
Comentarios
Efectos positivos adicionais
Incidencia positiva na creación de emprego.
Fomentará a creación de novas empresas.
Impactos negativos que diminúe
Evitará desbaldir recursos públicos no apoio a empresas que se verán en dificuldades nun mundo pospetróleo.
Outras medidas relacionadas
Referencias (bibliografía, etc.)
Arquivos anexos
Hai que engadir etiquetas
