Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:ames:economia_e_goberno:programa_de_apoio_ao_comercio_e_a_distribucion_local
Translations of this page:

Ames pospetróleo: Programa de apoio ao comercio e á distribución local

Descrición

Reforzar o comercio de proximidade, sobre todo o alimentar e de produtos de primeira necesidade. Contribuír ao estabelecemento de redes locais de subministro. Favorecer a apertura de comercios deste tipo de produtos nas parroquias rurais e nas urbanizacións onde viva un número importante de persoas, como Aldea Nova.

Eliminar os posibles apoios económicos que houber aos centros comerciais non integrados dentro das cidades e dependentes do coche, derivándoos cara ao apoio ao comercio de proximidade.

Estado

Proposta recollida en boa medida en 2015 polo BNG en varias das súas medidas incluídas no programa. Por exemplo:

Desde o Goberno Local termos como obxectivo estimular a actividade comercial dos principais núcleos de poboación do concello, fomentando o consumo nos establecementos comerciais de Ames por parte dos seus veciños e veciñas.

Ou estoutra:

Realizar campañas institucionais para promover os comercios e os produtos locais nos concellos do noso contorno. e mais a de Contribuír ao establecemento de redes locais de suministro, favorecendo a apertura de redes comerciais locais en parroquias e urbanizacións.

Proposta que en 2015 o PSdeG-PSOE afirmaba ter desenvolto durante os gobernos 2003-2011:

Viñemos reforzando o comercio de proximidade a través de Amorodo, non so co punto de venta onde estaban os productores senon co sistema de cestas —rede local de suministro— onde eran coñecidos polos consumidores. Tamén a través de todas as campañas de promoción do comercio local: Guía de Compras, Rede Calidade en Galego, animación na rúa ca chegada do bo tempo: Animación do Comercio na Rúa, Campañas Navideñas, etc).

Proposta recollida en 2015 en certa medida, no programa de Pacto x Ames:

AMES REFERENTE EN COMPRAS: Podemos presumir de ter un tecido comercial envexable: contamos cun pequeno comercio capaz de atraer novos visitantes, emprendedores e consumidores selectos, que foxen dos grandes centros comerciais, polo que debemos darlle o máximo respaldo.

Proposta asumida en 2015 por Ames Novo nestes termos:

Potenciar o consumo local responsable, potenciando o asentamento de mercados de alimentos de proximidade.

Comentarios

Efectos positivos adicionais

  • :-) Incidencia positiva na creación de emprego.
  • :-) Aumento da resiliencia xeral da cidade.
  • :-) Favorecerá un menor uso do coche.

Impactos negativos que diminúe

  • :-( Evitará problemas de desprazamento e transporte cando o prezo do combustible sexa prohibitivo.

Referencias (bibliografía, etc.)

Arquivos anexos

FIXME Hai que engadir etiquetas

gl/ames/economia_e_goberno/programa_de_apoio_ao_comercio_e_a_distribucion_local.txt · Última modificación: 2015/05/22 07:47 por touda

Municipios pospetroleo