gl:ames:economia_e_goberno:plan_de_innovacion_empresarial_pospetroleo
Ames pospetróleo: Plan de innovación empresarial pospetróleo
Descrición
Estimular a innovación orientada ás oportunidades de negocio e emprego que xurdirán tras a Era do petróleo. Poñer en marcha premios á mellor idea e/ou tecnoloxía ou ferramenta para o aforro enerxético e para a vida sen petróleo. Divulgar esta información para que se incremente ao máximo o acceso e uso de ditas tecnoloxías ou ferramentas. Favorecer a creación dunha rede de intercambio de coñecementos e de experiencias ligadas á adaptación ao Teito do Petróleo.
Estado
Proposta.
En 2015 o BNG leva no seu programa unha medida similar:
Favorecer a instalación de empresas de carácter innovador e de base tecnolóxica mediante distintas medidas de promoción económica. De xeito singular, potenciaranse aquelas que promovan a mudanza tecnolóxica cara a máxima eficacia e eficiencia enerxética a menor dependencia de importacións, nun escenario de esgotamento de recurso ao petróleo.
Comentarios
Efectos positivos adicionais
Incidencia positiva na creación de emprego.
Fomentará a creación de empresas.
Porá as empresas locais en mellores condicións para competir.
Impactos negativos que diminúe
Referencias (bibliografía, etc.)
Arquivos anexos
Hai que engadir etiquetas
gl/ames/economia_e_goberno/plan_de_innovacion_empresarial_pospetroleo.txt · Última modificación: por touda
