gl:ames:economia_e_goberno:plan_de_descentralizacion_administrativa
Ames pospetróleo: Plan de descentralización administrativa
Descrición
Descentralizar ao máximo a administración municipal para facilitar que a totalidade de trámites co Concello os residentes no Milladoiro poidan realizalos na oficina municipal desta localidade. Promover a administración electrónica para poder realizar trámites por medio de Internet facendo uso do DNIe, ampliando os trámites realizables por medio da Sede Electrónica do Concello.
Estado
Proposta asumida en 2015 polo BNG nunha redacción alternativa:
Impulso á descentralización administrativa, facilitando ao máximo os trámites na oficina municipal do Milladoiro, alén da casa do concello, e promovendo a administración electrónica para a maioría de trámites administrativos e tributarios.
Proposta que en 2015 o PSdeG-PSOE afirmaba ter feito durante os gobernos 2003-2011:
Posta en marcha da administración electrónica, etc.
Proposta dalgunha maneira recollida en 2015 por Pacto x Ames.
Comentarios
Pode ser preciso subvencionar a adquisición de tarxetas lectoras de DNIe á veciñanza.
Efectos positivos adicionais
Incidencia positiva na creación de emprego.
Impactos negativos que diminúe
Outras medidas relacionadas
Referencias (bibliografía, etc.)
Arquivos anexos
gl/ames/economia_e_goberno/plan_de_descentralizacion_administrativa.txt · Última modificación: por touda
