Ames pospetróleo: Orzamentos municipais pospetróleo
Descrición
Revisar os orzamentos e o nivel de endebedamento á luz dun contexto permanente de declive da actividade económica actual (medida polo PIB).
Estado
Proposta.
Comentarios
A reformulación das contas públicas debería facerse baixo parámetros netamente diferentes ás receitas actuais promovidas desde a Unión Europea ou o Fondo Monetario Internacional que, conforme á doutrina neoliberal, non fan máis que afondar nas contradicións que trouxeron de forma acelerada á situación de crise actual.
Nun contexto de reestruturación económica xeral tamén debe haber un cambio revolucionario no modo de entender as contas públicas en materia de ingresos como de gastos.
Sen menoscabo dos servizos públicos gratuítos fundamentais, cuxo dereito debería permanecer inalienábel, debería camiñarse cara unha reconfiguración máis descentralizada, máis autónoma, fronte ao xigantismo de estruturas administrativas onde a burocracia e o dirixismo centralizador absorbe unha parte crecente dos recursos públicos e que deberían utilizarse en favor dunha extensión da gratuidade dos mesmos.
Efectos positivos adicionais
Axudará a un aforro global dos gastos municipais.
Contribuirá a unha meirande independencia financeira tanto respecto doutros organismos do Estado como das entidades de crédito privadas.
Impactos negativos que diminúe
Evitará entrar nunha espiral de endebedamento sen saída.
