gl:a_corunha:economia_e_goberno:sistema_de_moeda_local
A Coruña pospetróleo: Sistema de moeda local
Descrición
Crear unha moeda complementaria local respaldada polo concello coa colaboración das agrupacións de empresas e comerciantes. Ofrecer como referencia lexitimadora outras moedas locais que levan tempo funcionando (Totnes Pound, Ithaca Hours, Toronto Dollars, etc.). Defender a súa contribución para fornecer liquidez a empresas con capacidade pero escasas de financiamento (sistema de crédito mutuo).
Estado
Proposta.
Esta foi a única medidas das propostas por Véspera de Nada para a cidade d'A Coruña que non se incluiu entre as finalmente asumidas polo grupo municipal de Esquerda Unida - Os Verdes.
Comentarios
En positivo
Daralle pulo á economía local autocentrada.
Mobilizará recursos humanos non integrados na economía “oficial”.
En negativo
Evitará que se paralicen os intercambios monetarios en caso de colapso financeiro do euro, posibles curraliños, etc.
Referencias (bibliografía, etc.).
- Os Costavales, moeda local da Costa da Morte posta en marcha polas asociacións de comerciantes, co apoio de varios concellos.
- A Turuta, moeda social co apoio do concello de Vilanova i la Geltrú.
- Genoveva López Morales: “Informe de experiencias de monedas sociales para políticas locales: 4 ejemplos de cómo pueden las monedas sociales mejorar los gobiernos locales”, El Salmón Contracorriente (20/10/2015).
- Antònia Justícia & Fede Cedó: “Barcelona empieza a perfilar su polémica moneda local”, La Vanguardia (21/10/15).
- Santa Coloma de Gramanet: L’Ajuntament implantarà la moneda digital local en el primer trimestre del 2016.
- Lei francesa de Economía Social e Solidaria (o seu art. 16 legaliza a implementación de moedas sociais por parte de entidades de economía social e solidaria, p.ex. asociacións ou cooperativas).
- Bernard Lietaer & Margrit Kennedy (2010): Monedas Regionales: Nuevos instrumentos para una prosperidad sustentable (La Hidra de Lerna).
- Thomas H. Greco, Jr. (2001): Money: Understanding and Creating Alternatives to Legal Tender (Chelsea Green).
Arquivos anexos.
Hai que engadir etiquetas
gl/a_corunha/economia_e_goberno/sistema_de_moeda_local.txt · Última modificación: por touda
